A Xunta e o Concello de Fornelos de Montes colaboran na ampliación e melloras da casa consistorial

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda comprobou hoxe os resultados dos traballos levados a cabo neste concello pontevedrés, da man do seu alcalde Emiliano Lage
Publicado por o día 05/11/2018 na sección de Galicia

A Xunta e o Concello de Fornelos de Montes colaboran na ampliación e melloras da casa consistorial

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda comprobou hoxe os resultados dos traballos levados a cabo no concello de Fornelos de Montes, da man do seu alcalde, Emiliano Lage grazas ás axudas da Orde de Infraestruturas, onde puxo en valor a importancia da colaboración entre Xunta e concellos, os mellores coñecedores das necesidades e demandas dos veciños e veciñas.

Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves e da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias certificou o resultado das obras levadas a cabo na casa consistorial do concello. Concretamente ao abeiro da Orde de axudas fixéronse diversas melloras na casa consistorial, que consistiron na ampliación e melloras das dependencias do concello e cambio da cuberta. Entre ambas actuacións recibiron por parte do Goberno galego axudas que por importe de case 60.000 euros.

As obras realizáronse ao abeiro dunha orde de axudas da Xunta que pretende apoiar aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos. E que para o ano que vén conta cun incremento nos orzamentos da Vicepresidencia dun 30 por cento.

A través desta orde fináncianse actuacións que redundan directamente na cidadanía, xa que é unha liña de subvencións que ten como principal obxectivo mellorar as condicións de vida dos veciños, coa mellora das dotacións e equipamentos destinados á prestación de servizos municipais.