A Xunta e o Concello de Ponteareas avanzan na negociación do convenio de colaboración no que se sustentará a reparación da estación de autobuses da localidade, ademais da cesión da súa xestión.
Técnicos da Dirección xeral de Mobilidade mantiveron hoxe un encontro co alcalde, José Represas e outros membros da administración local, no que abordaron o borrador de convenio de colaboración sobre a estación de autobuses.
Ese convenio prevé que a Xunta de Galicia cofinancie as obras necesarias para a posta a punto da estación de autobuses, cuxo importe se estima en 240.000 euros. Ademais, o Concello de Ponteareas asumirá a xestión total da estación de autobuses, en cuxas instalacións xa se están a desenvolver na actualidade actividades sociais.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade agarda pechar definitivamente ao longo próximas semanas o acordo, concretamente no relativo ás porcentaxes de cofinanciación das obras e aos termos concretos da cesión da xestión.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.