A Xunta e o Concello de Vigo abordan o Plan de xestión fronte ao risco de inundacións no río Lagares coa fin de avanzar no impulso das actuacións

O plan recolle 5 obras no cruce da avenida Severino Cobas, no polígono do Caramuxo e na avenida de Madrid; na Rega do Folón no cruce coa estrada Camposancos; e a creación dunha área de inundación controlada en Sárdoma
Publicado por o día 09/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta e o Concello de Vigo abordan o Plan de xestión fronte ao risco de inundacións no río Lagares coa fin de avanzar no impulso das actuacións

A Xunta e o Concello de Vigo abordan o Plan de xestión fronte ao risco de inundacións no río Lagares coa fin de avanzar no impulso das actuacións.

O xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, mantiveron hoxe unha reunión coa concelleira de Urbanismo, María José Caride e técnicos municipais, na que lles detallaron as medidas previstas no plan.

Neste encontro solicitado polo Concello, os representantes autonómicos explicaron as obras incluídas neste plan, cun investimento de 6,8 millóns de euros, para minimizar o risco de enchentes nesta contorna.

Gonzalo Mosqueira lembrou a necesidade de axilizar a sinatura do protocolo de colaboración entre a Xunta e o Concello para aproveitar a oportunidade dos fondos europeos necesarios para executar as obras, evitando o risco de perdelos pola finalización do prazo.

Na reunión tamén se fixo fincapé na importancia da xestión e da posta á disposición dos terreos por parte da Administración local para acometer as actuacións.

Trátase de 5 intervencións, baseadas en infraestruturas verdes, cuxos anteproxectos están redactados por parte de Augas de Galicia, de xeito coordinado cos técnicos municipais e de Protección Civil do Concello de Vigo.

En concreto, as intervencións programadas son a mellora do espazo fluvial e da drenaxe do río no cruce coa avenida Severino Cobas, na Rega do Folón no cruce coa carretera Camposancos e na Avenida de Madrid; a optimización do espazo fluvial ao seu paso polo polígono de Caramuxo; e a área de inundación controlada, en Sárdoma, ademais dunha prevista en Lavadores, supeditada a unha análise posterior.

O Goberno galego continúa traballando para estar mellor preparados ante o cambio climático e contar coas medidas para reducir o risco de inundacións dos ríos, como o Lagares, e as súas consecuencias para a saúde, o medio ambiente ou a economía.

Comentar noticia

Your email address will not be published.