A Xunta e Vodafone poñen en marcha o programa de reforzo das competencias dixitais, ‘Digicraft no teu cole’

Ata 50 centros poderán beneficiarse desta iniciativa, dirixida a alumnos de 6 a 12 anos, que emprega unha metodoloxía de aprendizaxe específica baseada no xogo e a experimentación
Publicado por o día 07/09/2019 na sección de Internet,Telefonía,Xunta de Galicia

A Xunta e Vodafone poñen en marcha o programa de reforzo das competencias dixitais, ‘Digicraft no teu cole’

O 30 de setembro péchase o prazo para que os centros educativos poidan adherirse ao Programa “DigiCraft no teu cole”, promovido pola Fundación Vodafone España en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Ata 50 centros escolares poderán beneficiarse desta iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone España pon en marcha “DigiCraft no teu cole”, que terá unha duración de dous anos e enmárcase no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia ‘DigiTalent’ impulsado pola Amtega.

Os centros que se adhiran a DigiCraft terán acceso a formación para que os profesores poidan impartir o programa nas aulas, así como aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades e dotación de tabletas e kits tecnolóxicos, que permitirán aos docentes e alumnado desenvolver as actividades establecidas.

O programa articúlase ao redor da metodoloxía DigiCraft, un sistema de aprendizaxe específico baseado no xogo e a experimentación, deseñada pola Universidade de Salamanca para a Fundación Vodafone España para axudar aos nenos e nenas a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e para mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece.

Plan Digitalent

“DigiCraft no teu cole” é unha das iniciativas do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, para impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas e os novos perfís dixitais. O Plan, que se puxo en marcha este curso está a desenvolver 15 iniciativas en colaboración cos axentes do ecosistema dixital

Toda a información sobre as novas actividades e as que están en curso están dispoñibles no portal do Plan DigiTalent digitalent.xunta.gal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.