A xunta entrega á asociación veciñal de Valladares e ao Párroco o libro que redescubre parte da historia de Galicia

A obra, “Un viaje por la historia de Galicia. Del Señorío al marquesado de Valladares”, contén máis de 200 imaxes, con retratos e fotografías inéditas
Publicado por o día 18/01/2019 na sección de Galicia,Vigo

A xunta entrega á asociación veciñal de Valladares e ao Párroco o libro que redescubre parte da historia de Galicia

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, fixeron entrega á presidenta da Asociación Veciñal e Cultural de Valladares, Ana María Pérez Davila, e ao párroco Ángel Manuel Bastos dun exemplar do libro que redescubre parte da historia de Galicia.

A obra, “Un viaje por la historia de Galicia. Del Señorío al marquesado de Valladares”, escrita por Ignacio Pérez-Blanco, contén máis de 200 imaxes, con retratos e fotografías inéditas datadas desde 1858 e recupera a memoria da Casa de Valladares, desde finais do século XII ata o XX dedicando un capítulo biográfico a cada posuidor da Casa.

Con grande rigor histórico, ao longo dos seus dous volumes e da man dos seus protagonistas, percórrense diferentes episodios da historia de Galicia. Deste xeito, o lector poderá coñecer como era a vida dunha familia fidalga no Vigo do século XVI, a participación dun vigués na toma de Lisboa ou a destacada influencia dos Valladares na Corte de Madrid durante o reinado de Carlos II.

Ignacio Pérez-Blanco y Pernas

Nado en Vigo en 1965, desenvolveu a súa vida profesional nunha firma multinacional americana. É XIV marqués de Valladares e presidente do Corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia. En 2008 comezou unha viaxe pola memoria dos seus antepasados que culminou coa redacción desta obra tras un rigoroso traballo de recompilación, documentación e interpretación da historia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.