A Xunta enxalza a aposta constante do sector conserveiro galego por ser máis competitivo e mellorar os seus resultados

Por o 28/06/2019 | Sección: Galicia,Mar,Vigo,Xunta de Galicia
A Xunta enxalza a aposta constante do sector conserveiro galego por ser máis competitivo e mellorar os seus resultados

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, enxalzou hoxe en Vigo o constante afán da industria conserveira galega por gañar en competitividade, mellorar os procesos de transformación dos produtos do mar e avanzar na dotación de valor engadido e trazabilidade ás súas elaboracións. Ese esforzo diario, salientou, é o que permite que a cadea mar-industria de Galicia se reforce e que a comunidade siga sendo unha potencia marítimo-pesqueira co liderado europeo no sector conserveiro e o segundo posto a nivel mundial.

Así o subliñou a directora xeral de Pesca no acto de conmemoración do Día da Conserva, organizado pola patronal conserveira Anfaco-Cecopesca, onde lembrou que o sector da transformación dos produtos do mar está entre os principais motores de crecemento económico de Galicia. Nesta liña, incidiu en que se trata dunha industria que mira máis aló das súas fronteiras e que está na vangarda da acción empresarial no exterior, competindo cos xigantes da conserva nun mercado global moi cambiante, con políticas comerciais moi agresivas e empresas moi competitivas. Por iso, animou ao sector a seguir traballando na mellora constante como garantía de futuro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.