A Xunta establece por primeira vez unha veda para o choco na ría de Arousa

Empeza hoxe e prolongarase ata o 31 de outubro e deste xeito queda expresamente prohibida a captura desta especie por medio de calquera arte
Publicado por o día 01/08/2019 na sección de Galicia,Mar,Vilagarcia

A Xunta establece por primeira vez unha veda para o choco na ría de Arousa

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a resolución da Consellería do Mar pola que se establece a veda para a pesca do choco na ría de Arousa, que empeza mañá e se prolongará ata o 31 de outubro. É a primeira vez que a Xunta establece esta medida nesta ría e faino atendendo a unha solicitude da Federación de Confrarías de Galicia, promovida pola maioría das confrarías da ría de Arousa e tras comprobar a súa viabilidade biolóxica.

Deste xeito queda prohibida a captura, tenencia a bordo, transbordo, comercialización ou venda desta especie con calquera das artes e tamén para tamén a pesca marítima de recreo nas augas máis interiores, é dicir, por dentro das liñas de referencia do anexo III establecido no Decreto polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia de Galicia.

Así, perséguese o “establecemento e a regulación de medidas dirixidas á conservación e a explotación responsable, racional e sustentable dos recursos mariños vivos”, obxectivo marcado pola Lei de Pesca de Galicia. Esta veda do choco súmase á que hai na ría de Vigo e na ría de Pontevedra para esta especie. En ambos casos nas dúas rías comezou o 15 de xullo e prolongarase ata o 31 de outubro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.