A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Loira, no Concello de Marín

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos deste río ao seu paso polos lugares da Torre e Moledo, na parroquia de Seixo
Publicado por o día 21/08/2019 na sección de Galicia,Marín

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Loira, no Concello de Marín

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no río Loira, no Concello de Marín.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos deste río ao seu paso polos lugares da Torre e Moledo, na parroquia de Seixo.

As obras inclúen a retirada das árbores, pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.