A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar os traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Umia, nos Concellos de Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa.
Estas tarefas estanse a desenvolver no citado río ao seu paso polas parroquias de Baión, en Vilanova de Arousa; de Oubiña, en Cambados; ou en Ribadumia.
As actuacións céntranse na retirada de árbores, pólas e madeira morta na canle, na roza selectiva da maleza e na eliminación de canas.
As obras enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-sur.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.