A Xunta facilitou ata o de agora máis de 170.640 unidades de protección aos catorce concellos da área territorial de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 104.200 luvas, 64.594 máscaras, 1.846 traxes e diversos produtos de desinfección
Publicado por o día 30/04/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta facilitou ata o de agora máis de 170.640 unidades de protección aos catorce concellos da área territorial de Vigo

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos catorce concellos da área territorial cun novo envío que suma 12.696 máscaras cirúrxicas, 12.280 luvas e 222 traxes antisalpicaduras, asemade de diverso material de limpeza e desinfección como botes de xel hidroalcohólico ou lixivia.

No que atinxe ao Concello de Vigo, nesta última semana reforzáronse os envíos anteriores con 7.746 novas máscaras, 7.500 luvas e 123 traxes antisalpicaduras.

Con este último reparto, as unidades enviadas aos catorce concellos da área territorial de Vigo suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 170.640 unidades de material de protección, baixo os criterios de reparto acordados e pactados pola Federación Galega de Municipios e Provincias. Así, foron104.200 luvas, 64.594 máscaras e 1.846 traxes antisalpicaduras, así como diversos produtos de desinfección. Deste total, o Goberno galego enviou 99.375 unidades para os servizos municipais do Concello de Vigo.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia durante todo este tempo, especialmente desde que se decretou o Estado de Alarma, non deixou de comprar material de protección que xa repartiu ao 100% dos concellos da área viguesa.

A suma total de unidades de protección enviadas por concellos na área territorial de Vigo, supuxo 16.857 unidades para os da comarca da Louriña (Mos, O Porriño e Salceda de Caselas); 15.869 para os do Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar); 11.732 para Cangas e Moaña; e 26.807 unidades de protección repartidas entre os cinco municipios restantes (Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Redondela).

O material, segundo as informacións facilitadas polos propios municipios, está sendo destinado aos concellos máis para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar e en Protección Civil.

A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.

Fotos