A Xunta facilitou ata o de agora máis de 830.095 unidades de protección aos concellos e centros sociais da área de Vigo

Publicado por o día 28/05/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos concellos da área territorial e os centros sociais cun novo envío esta semana. Deste modo, para os servizos municipais enviáronse en conxunto 3.000 luvas, 5.600 mascarillas, 184 traxes e batas de protección e 53 pantallas de protección, facendo un total de 11.837 unidades.

Con este último reparto, as unidades enviadas aos catorce concellos da área territorial de Vigo suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 263.742 unidades de protección, das que 114.548 enviáronse ao de Vigo, baixo os criterios de reparto acordados e pactados pola Federación Galega de Municipios e Provincias. Así, foron 117.580 luvas, 83.294 máscaras e 2.868 traxes antisalpicaduras e batas, así como pantallas de protección (237) e diversos produtos de desinfección.

Atendendo ao reparto aos máis dun centenar de centros sociais de discapacidade, igualdade. de maiores, menores e de xuventude correspondente á área viguesa o saldo é de 511.805 unidades en conxunto; 255.310 luvas, 26.803 mascarillas e 19.692 traxes antisalpicaduras e batas. Todos estes centros recibiron asemade pantallas de protección, gorros e calzas, así como diversos produtos de desinfección e limpeza ata sumar un total de 49.556 unidades máis.

Concretamente, deste total esta semana recibiron en conxunto unha nova partida de material de protección composta por 33.100 luvas, 29.275 mascarillas e 4.743 traxes antisalpicaduras e batas. O resto de unidades recibidas, entre pantallas de protección, gorros e calzas, así como diversos produtos de desinfección e limpeza suman 6.912.

Polo tanto, ata o de agora a Xunta facilitou máis de 830.095 unidades de protección aos concellos e centros sociais da área viguesa, entre luvas, mascarillas e traxes e batas.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia durante todo este tempo, especialmente desde que se decretou o Estado de Alarma, non deixou de comprar material de protección que xa repartiu ao 100% dos concellos da área viguesa.

O material, segundo as informacións facilitadas polos propios municipios, está sendo destinado aos concellos máis para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar e en Protección Civil.

A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.