A Xunta garante o cumprimento da lei, o control do estado das masas de auga e o traballo para minimizar as afeccións ás concas dos ríos na contorna da antiga Mina de Touro

Teresa Gutiérrez precisa que se está vixiando o cumprimento rigoroso da normativa que establece o Plan Hidrolóxico conforme á Directiva Marco da Auga, inspeccionando calquera indicio de afección nesta área
Publicado por o d√≠a 14/05/2019 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta garante o cumprimento da lei, o control do estado das masas de auga e o traballo para minimizar as afeccións ás concas dos ríos na contorna da antiga Mina de Touro

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia, onde salientou que a Xunta vela polo cumprimento da lei, controla o estado das masas de auga e traballa para minimizar as afeccións ás concas dos ríos na contorna da antiga mina de Touro.

Subli√Īou que dende o seu departamento se est√° vixiando o cumprimento rigoroso da normativa de augas que establece o Plan Hidrol√≥xico conforme √° Directiva Marco da Auga, inspeccionando e investigando calquera indicio ou denuncia de afecci√≥n motivada pola actividade das empresas que realicen traballos nos terreos da antiga mina.

Fixo fincap√© en que ante os casos nos que se infrinxe a lei, a Xunta abre os expedientes sancionadores correspondentes, tal como se lle te√Īen incoado no √ļltimo ano √° empresa, por importe de 80.000 euros, por mor de vertidos non autorizados.

Explicou que a Xunta, no marco do Plan Hidrol√≥xico da Demarcaci√≥n Hidrogr√°fica Galicia- Costa, efect√ļa traballos de avaliaci√≥n do estado das masas de auga, examinando elementos de calidade qu√≠mica, fisicoqu√≠mica, biol√≥xica e hidromorfol√≥xica.

Neste sentido, aclarou que nesta contorna se ratificou que o estado da calidade ambiental das augas non ten empeorado nos √ļltimos anos, grazas ao control acometido por Augas de Galicia, sempre conforme aos criterios t√©cnicos e obxectivos dos que disp√≥n a normativa.