A Xunta impartou este domingo en Vigo os cursos gratuítos de condución segura de motocicletas

As actividades estiveron dirixidas aos usuarios de todo tipo de motocicletas, incluídos aqueles con permiso de conducir B+3, A1, A2 e A para mellorar o control da moto dun xeito máis seguro e eficiente
Publicado por o día 29/09/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta impartou este domingo en Vigo os cursos gratuítos de condución segura de motocicletas

A Xunta impartiu este domingo en Vigo unha nova quenda dos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas, dirixidas aos usuarios de todo tipo de motocicletas, incluídos aqueles con permiso de conducir B+3, A1, A2 e A para mellorar o control da moto dun xeito máis seguro e eficiente.

Na xornada, que se celebrou nas inmediacións do aparcadoiro gratuito situado fronte ao número 43 da Avenida de Samil, participou en total 40 motoristas. As clases impartironse en quendas de 20 persoas, en horario de mañá e tarde.

A formación constatou dunha parte teórica, na que se abordou asuntos como o equipamento para a protección individual, o estado e mantemento da motocicleta, as situacións de risco como a climatoloxía adversa, as freadas, os xiros ou os adiantamentos.

Os asistentes tamén levaron conceptos á práctica coa realización de manobras en parado, accións de axilidade e equilibrio, freadas, traxectorias e un itinerario final que incluiu todos os movementos anteriores.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade conta coa colaboración de Pons Seguridade Vial e Mutua Motera na organización destes cursos gratuitos, impartidos polos técnicos da Escola Nacional de Condución de Motocicletas.

Esta nova xornada correspóndese coa segunda quedan das actividades formativas programadas neste mes de setembro pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, tras celebrarse a pasada fin de semana en Ferrol e Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa. En conxunto neste edición convocáronse 160 prazas, que se cubriron en menos dunha semana.

A actividade formativa e de sensibilización se vén realizando desde o ano 2017 e terá continuidade no 2020, o que permitirá chegar a ofrecer, en total, formación a máis de 800 persoas, a través de 20 cursos, repartidos en 5 edicións.

A iniciativa forma parte das medidas recollidas no plan de seguridade viaria 2016-2020, da Xunta, como materia estratéxica e prioritaria, con especial atención aos usuarios máis vulnerables das estradas, os peóns, ciclistas e tamén o colectivo de motoristas.