O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse onte ata a Casa da Cultura de Redondela para felicitar aos alumnos que inician a súa formación no [email protected], o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello redondelano.
O representante autonómico, quen estivo acompañado polo alcalde, Javier Bas, puxo en valor o ambicioso obxectivo da carteira autonómica cunha nova programación de obradoiros, 105 na convocatoria 2018-2019, que busca impulsar a empregabilidade de 2000 persoas en Galicia, incrementando nun 25% os fondos destinados a este programa. Tamén acudiu ao acto o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial.
López-Chaves, quen animou ao alumnado destes talleres a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brinda e formarse para acceder a un posto de traballo”, fixo especial fincapé no esforzo inversor do Goberno galego a prol do fomento do emprego con 135 millóns de inversión en medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral.
En canto aos talleres para menores de 30 anos sinalou que o obxectivo é o de “seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica”. Así, subliñou que dos oito proxectos de Garantía Xuvenil que impulsa a Consellería de Economía, Emprego e Industria na provincia de Pontevedra seis corresponden á área de Vigo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.