A Xunta de Galicia incorporará 300 metros de novas beirarrúas ao proxecto de mellora da seguridade viaria do treito da PO-403, ao seu paso polo Concello de Ponteareas, que está actualmente identificado como treito de concentración de accidentes.
Esta proposta, que xa foi sometida a información pública entre os meses de xaneiro e marzo deste ano, incorpora esta modificación en base ao estudo das alegacións recibidas, De modo que coa execución das obras previstas no proxecto, permitirá incorporar entre outras melloras, que o treito máis próximo a Ponteareas conte con beirarrúas en ambas marxes.
As actuacións previstas polo departamento de Infraestruturas da Xunta desenvolveranse no treito comprendido que se inicia despois do enlace coa A-52 (punto quilométrico 8+600) e o final da travesía de Angoares, preto de Ponteareas (punto quilométrico 10+200).
As principais intervencións previstas teñen como obxectivos, a mellora e reordenación das interseccións con maior accidentalidade, mediante a execución de cuñas de desaceleración ou aceleración, que faciliten os movementos de saída e incorporación á estrada autonómica para evitar a probabilidade de alcance e incrementar a visibilidade.
Na súa execución tamén se prevé a creación de puntos específicos nos que se realicen os xiros á esquerda e cambios de sentido con suficiente visibilidade, o que permitirá ademais reordenar outras interseccións próximas, limitando xiros que non se realizan actualmente nas condicións desexables de visibilidade.
Con esta intervención tamén se mellorará a seguridade nos pasos de peóns, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade, mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións, a ampliación da beirarrúa no paso de peóns, etc. E se completará co reforzo da sinalización horizontal e vertical.
Esta proxecto enmárcase na estratexia do Goberno galego para actuar nas estradas autonómicas e suprimir os tramos identificados como treitos de concentración de accidentes ao longo desta lexislatura.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.