A Xunta incumpre a Lei de Patrimonio ao negarse a rehabilitar Lourizán

Por o 13/03/2018 | Sección: Política,PSOE
A Xunta incumpre a Lei de Patrimonio ao negarse a rehabilitar Lourizán

O goberno galego incumpre a obriga de mantemento do Pazo de Lourizán de acordo coa Lei de Patrimonio e o convenio de aproveitamento sobre o inmoble asinado coa Deputación en 1991 e ratificado en 2000. Así o constatou hoxe a deputada Patricia Vilán no debate dunha iniciativa socialista en Comisión na que lle reclamaba as ditas obras á Xunta e que foi vetada polo PP.

Vilán aludiu á propia Lei de Patrimonio e á cláusula 3.b do convenio que establece literalmente que “as obras de conservación da zona nobre do conxunto de Lourizán corresponden á Xunta de Galicia”. Denunciou que o PP e o goberno galego queiran “escaquearse” da súa obriga a 3 anos do remate dun convenio que ten durado 30 anos e que finalizará en 2021.

Durante esta etapa o goberno galego deixou ao albur dos elementos ao edificio histórico de aire romántico construído no século XIX cun estado “lamentable”, con varias zonas nas que non se pode garantir a súa seguridade estrutural, ten zonas invadidas pola maleza e a cara sur da cuberta estase a afundir.

Alertou de que “a estrutura nalgún momento vai caer, e non é responsabilidade da Deputación Provincial, é de quen ten a cesión do uso do parque”, lembrou, polo que é o goberno galego quen ten que asumir unha actuación estimada en 14 millóns de euros, de acordo co servizo de arquitectura da Deputación de Pontevedra.

Lembrou que o incumprimento na obriga do mantemento do inmoble está tipificado como unha infracción “moi grave” pola Lei de Patrimonio, e advertiu que “alguén que teña interese pode acudir aos tribunais por incumprila”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.