A Xunta inicia a próxima semana o traslado dos xulgados de Tui ao novo edificio xudicial

As unidades xudiciais iranse trasladando de xeito progresivo e est√° previsto que os traballos estean rematados nun prazo estimado de d√ļas semanas
Publicado por o d√≠a 08/02/2020 na sección de Galicia,Tui,Xunta de Galicia

A Xunta inicia a próxima semana o traslado dos xulgados de Tui ao novo edificio xudicial

A Xunta iniciar√° a pr√≥xima semana o traslado dos tres xulgados de Tui ao novo edificio xudicial. As distintas unidades iranse trasladando de xeito progresivo co obxectivo de que o proceso estea rematado nun prazo estimado de d√ļas semanas.

Os traballos comezar√°n co traslado do xulgado de Primeira Instancia e Instruci√≥n n¬ļ2, ao que seguir√°n o rexistro civil e os outros dous xulgados n¬ļ3 e n¬ļ1. Segundo as previsi√≥ns, todas as unidades estar√°n trasladadas √°s novas instalaci√≥ns nun prazo de d√ļas semanas.

O novo edificio xudicial dispón dunha superficie de 1.500 metros cadrados e concentra nun só edificio os tres xulgados e tres salas de vistas con mellores condicións e 1.000 metros cadrados máis de espazo respecto as anteriores dependencias. A Xunta investiu na construción desta infraestrutura preto de 3 millóns de euros.

A obra forma parte do Plan de Infraestruturas Xudiciais posto en marcha en 2010 para mellorar as instalacións xudiciais da nosa comunidade e no que o Goberno galego leva investidos máis de 115 millóns de euros.

Ademais deste novo edificio xudicial de Tui, no marco do Plan acomet√©ronse distintas actuaci√≥ns como os xulgados da Parda en Pontevedra, xunto cos de Santiago e Ourense e a rehabilitaci√≥n da F√°brica de Tabacos na Coru√Īa.

A maior obra deste Plan e tamén a maior infraestrutura xudicial nunca feita en Galicia é a futura Cidade da Xustiza de Vigo que, unha vez rematadas as obras, albergará todas as dotacións xudiciais da cidade no antigo Hospital Xeral de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.