A Xunta inicia a vacinación contra a covid-19 en Galicia na residencia de Porta do Camiño

Publicado por o día 27/12/2020 na sección de Coronavirus,Xunta de Galicia

A Xunta inicia a vacinación contra a covid-19 en Galicia na residencia de Porta do Camiño

A Xunta de Galicia puxo en marcha hoxe a campaña de vacinación contra a covid-19 na Comunidade. Unhas 150 persoas entre usuarios e traballadores recibiron no día de hoxe a primeira dose da inxección.

Nieves Cabo Vidal, usuaria da residencia de maiores Porta do Camiño de Santiago de Compostela, seguida polo oficial de cociña do mesmo centro, José Antonio Fuentes Arcay, foron as primeiras persoas vacinadas de Galicia fronte á covid-19.

Comentar noticia

Your email address will not be published.