A Xunta inicia as obras de mellora de firme na estrada PO-552 ao seu paso polos concellos de Vigo, Nigrán, O Rosal e A Guarda

As actuacións, adxudicadas por un importe de preto de 655.000 euros, prevén o seu remate este verán
Publicado por o día 08/06/2020 na sección de A Guarda,Galicia,Nigrán,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta inicia as obras de mellora de firme na estrada PO-552 ao seu paso polos concellos de Vigo, Nigrán, O Rosal e A Guarda

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar hoxe as obras de mellora do firme na estrada PO-552 ao seu polos concellos de Vigo, Nigrán, O Rosal e A Guarda, cun investimento de case 830.000 de euros.

Esta intervención está a ser executada pola empresa Arias Infraestruturas, S.A., por un importe de preto de 655.000 euros e o obxectivo e telas rematadas este verán.

Os traballos, que están a iniciarse polo tramo do municipio da Guarda, consisten no fresado e a reposición do firme naqueles puntos da estrada nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, e a reposición da sinalización horizontal.

Estes traballos de actuación de mantemento e conservación do firme céntrase en dous tramos desta estrada de titularidade da Xunta.

Unha das actuación de rehabilitación do firme realízase dentro dos 13 primeiros quilómetros da PO-552 e ata a glorieta da Ramallosa ao seu paso polos concello de Vigo e Nigrán, en concreto entre os puntos quilométricos 0+000 a 12+857.

A outra intervención do departamento de Infraestruturas da Xunta iniciase na entorna de punta do Bazar, no punto quilométrico 45+010, e a parroquia das Eiras, no 54+492. Este treito de 13 quilómetros coincide co tramo da PO-552 que percorre os concello da Guarda e O Rosal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.