A Xunta inicia as obras de mellora de pavimentación e sinalización no acceso ao recinto do antigo Hospital do Rebullón, no concello de Mos

As actuacións suporán un investimento duns 47.000 euros e contan cun prazo de execución de dous meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar hoxe as obras de mellora de pavimentación e sinalización no acceso ao recinto do antigo hospital do Rebullón, no concello de Mos.

As actuacións están a ser executadas pola empresa Narom S.L. e contan cun investimento autonómico duns 47.000 euros. Os traballos dispoñen dun prazo de execución estimado de dous meses.

As obras inclúen a renovación do firme no acceso ao antigo hospital da área sanitaria de Vigo, así como a disposición dunha nova sinalización horizontal para reorganizar a circulación interior.

Na actuación repararase o firme mediante a aplicación dunha nova capa de rodaxe de 5 centímetros de espesor de mestura bituminosa en quente. Tamén se corrixirá a rasante dun punto no que se cambia a pendente de forma brusca, para mellorar o paso dos vehículos.

As tarefas completaranse co pintado de novas marcas viarias, cunha nova configuración e delimitando prazas de aparcamento reservado.

Esta intervención na mellora do firme no acceso ao antigo centro hospitalario complementan ás que están a piques de iniciarse de mellora dos accesos aos hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña, no concello de Vigo. Estes traballos foron adxudicados por preto de 566.000 euros.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario