A Xunta inicia os trámites para a modificación do proxecto sectorial da cidade do transporte de Ponte Caldelas

Tr√°tase de adaptar este √°mbito √°s necesidades actuais e potenciar a oferta de solo empresarial na zona de Pontevedra
Publicado por o d√≠a 12/09/2019 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

A Xunta inicia os trámites para a modificación do proxecto sectorial da cidade do transporte de Ponte Caldelas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, iniciou os trámites para a modificación do proxecto sectorial da Cidade do Transporte de Ponte Caldelas, co fin de adaptalo ás necesidades actuais e potenciar a oferta de solo empresarial na zona de Pontevedra.

Con esta modificaci√≥n b√ļscase adaptar a configuraci√≥n e a normativa da Cidade do Transporte, co obxectivo de dinamizar a implantaci√≥n de novas empresas ou o traslado ou ampliaci√≥n doutras xa existentes e que necesiten solo urbanizado para o desenvolvemento dos seus proxectos.

As√≠, a modificaci√≥n do proxecto sectorial incidir√° na parcelaci√≥n e usos das parcelas e en cuesti√≥ns puntuais como a alineaci√≥n das naves que se constr√ļan nas mesma ou na mellora dos servizos e dotaci√≥ns das parcelas do parque empresarial.

O IGVS convocar√° proximamente reuni√≥ns cos representantes municipais de Ponte Caldelas e coas asociaci√≥ns do sector (transportistas e empresarios) co obxectivo de por en com√ļn os diferentes aspectos que se abordar√°n a trav√©s desta modificaci√≥n.

Actualmente, a Xunta dispón en Ponte Caldelas do parque empresarial da Reigosa e da Central de Transportes, que se atopan apegadas.

No parque empresarial da Reigosa est√°n dispo√Īibles 14 parcelas, cunha superficie total de m√°is de 136.000 metros cadrados, mentres que a Central de Transportes ofrece m√°is de 37.000 metros cadrados. Nos dous casos a bonificaci√≥n do prezo de venda √© do 30 por cento.

Dende 2016 a Xunta adxudicou preto de 38.000 metros cadrados de solo bonificado en Ponte Caldelas. A bonificación sobre o prezo de venda dos mesmos foi de preto de 950.000 euros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.