A Xunta comezará o vindeiro xoves as obras de colocación dunha pasarela na ponte de Xulián, na estrada PO-250, en Redondela, para o que será necesario o peche ao tráfico desta vía, dende as 9 ás 13 horas.
A actuación enmárcase nas obras do itinerario peonil nesta estrada, no punto quilométrico 0+160, que permitirán completar un traxecto continuo no tramo urbano de Redondela, que actualmente se atopa interrompido á altura da ponte.
A infraestrutura executarase na marxe dereita da obra de paso e contará cun ancho mínimo de 2 metros, co que garantirá a circulación de peóns e ciclistas en condicións máis seguras.
As obras previstas comprenden tamén a reposición de firmes, pavimentos e paso de peóns, a drenaxe da senda peonil para evitar na base do cruceiro posibles empozamentos de auga, a sinalización, balizamento e defensas e a reposición dos servizos afectados.
Ademais, prevese o acondicionamento da contorna do peto de ánimas de Pasais, situado ao carón da estrutura actual, mediante o recheo e pavimentación con lousa de granito. Desta forma, conseguirase unha zona transitable ao redor deste elemento patrimonial de interese.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.