A Xunta iniciou os traballos de destrución de algo máis de 270.000 expedientes de distintos órganos xudiciais de Pontevedra

A documentación atópase na súa maior parte no depósito que o Arquivo Xudicial Territorial ten no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra
Publicado por o día 07/05/2020 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta iniciou os traballos de destrución de algo máis de 270.000 expedientes de distintos órganos xudiciais de Pontevedra

A Xunta acaba de iniciar o proceso de destrución de algo máis de 270.000 expedientes de distintos órganos xudiciais da provincia de Pontevedra.

A Xunta de Expurgación de Documentación Xudicial de Galicia aprobou, na sesión celebrada o 1 de xullo de 2019, a destrución de varias fraccións de serie unha vez determinado que carecen de valor como patrimonio documental.

A maior parte da documentación correspóndese con expedientes de xuízos de faltas e dilixencias previas sobreseídas, aínda que tamén se van a destruír uns 10.000 expedientes de recursos de apelación da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Os órganos xudiciais afectados por este proceso pertencen aos partidos xudiciais de Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Lalín, Pontevedra e Ponteareas.

Das 4.549 caixas que se van a destruír, a maior parte están no depósito que o Arquivo Xudicial Territorial ten no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.

Estas actuacións favorecen a racionalización do espazo nos arquivos xudiciais, así como unha mellor xestión das actividades dos órganos xudiciais, fomentando a modernización da administración de xustiza.

Comentar noticia

Your email address will not be published.