A Xunta lamenta que o Goberno a excl√ļa da coordinaci√≥n entre administraci√≥ns en materia de violencia de x√©nero

Igualdade recorda que a coordinación e cooperación entre institucións é fundamental para loitar contra esta lacra
Publicado por o d√≠a 06/11/2018 na sección de Galicia

A Xunta lamenta que o Goberno a excl√ļa da coordinaci√≥n entre administraci√≥ns en materia de violencia de x√©nero

A Xunta de Galicia quere amosar a s√ļa sorpresa e o seu malestar polo feito de que o Goberno central ve√Īa de exclu√≠r √° Administraci√≥n auton√≥mica da mesa de coordinaci√≥n interinstitucional para a eliminaci√≥n da violencia contra as mulleres, a cuxa reuni√≥n de hoxe na Coru√Īa non foi convocado ning√ļn representante do Executivo galego.

A Secretar√≠a Xeral de Igualdade da Xunta recorda que a coordinaci√≥n e cooperaci√≥n entre as distintas administraci√≥ns √© fundamental na loita conta a violencia de x√©nero e que esta relaci√≥n entre as distintas instituci√≥ns implicadas v√©n presidindo a actividade nos √ļltimos anos, como queda recollido na aprobaci√≥n un√°nime, en marzo deste ano, do Protocolo de Cooperaci√≥n e Coordinaci√≥n Institucional fronte √° Violencia de X√©nero en Galicia.

Fronte a iso, a Delegación do Goberno organizou hoxe unha reunión na que participaron representantes do TSXG e da Fiscalía, entre outros, quedando excluída a Xunta de Galicia, que non foi convidada, a pesares de ser a administración que ostenta as competencias na asistencia social ás vítimas.

Hai que recordar que dende hai anos est√° constitu√≠do en Galicia e funcionando o Observatorio Galego da Violencia de x√©nero, un √≥rgano que conta con representantes das conseller√≠as da Xunta, da Delegaci√≥n do Goberno, do Poder Xudicial, da Fegamp, dos sindicatos e da Televisi√≥n de Galicia, entre outros. A maiores, estanse a constitu√≠r por todos os municipios de Galicia mesas locais de coordinaci√≥n contra a violencia de x√©nero, como instrumentos para optimizar a cooperaci√≥n de todas as entidades implicadas no obxectivo com√ļn de erradicar a violencia de x√©nero.

Fronte a iso, a Delegación do Goberno optou por excluír á Xunta desta mesa de coordinación interinstitucional, un feito que o Goberno galego considera especialmente grave ao estar a falar dun asunto capital como a violencia de xénero, onde debe prevalecer a coordinación entre todos. Así, fai un chamamento ao Goberno para recuperar o espírito de acordo e a coordinación entre Administracións en materia de violencia de xénero, máxime nun momento que cobra especial relevancia ante o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.