A Xunta leva entregadas máis de 76.500 unidades de protección contra o COVID-19 aos concellos da comarca de Pontevedra, Marín e Bueu

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Goberno autonómico enviou xa a estes municipios 44.730 luvas, 29.845 máscaras, asi como traxes de protección e produtos de desinfección
Publicado por o día 03/05/2020 na sección de Bueu,Coronavirus,Galicia,Marín,Pontevedra

A Xunta leva entregadas máis de 76.500 unidades de protección contra o COVID-19 aos concellos da comarca de Pontevedra, Marín e Bueu

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Pontevedra, leva entregadas aos concellos da comarca de Pontevedra, Marín e Bueu máis de 76.500 unidades de protección individual nos distintos envíos que se veñen de efectuar dende a plataforma loxística dende o inicio do decreto do estado de alarma.

En total, a Xunta, desde o decreto do estado de alarma, leva repartido entre os concellos pontevedreses máis de 419.324 unidades de protección para loitar contra o COVID-19.

Segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o último envío a estes municipios, realizado esta mesma semana, permitiu repartir 4.260 luvas e 4.350 mascarillas.

En total, os datos globales supoñen nesta comarca a recepción de 44.730 luvas, 29.845 máscaras, 1.096 batas e traxes de protección e 370 produtos de desinfección, entre outros elementos. Por concellos, os envíos totales de unidades de protección son os seguintes.

Todo o material distribúese desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.

José Manuel Cores Tourís destacou o esforzo que se está a realizar dende o Goberno galego para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 e que seguen a traballar conten co material de protección que precisan. Así lembrou que a Administración autonómica adquiriu directamente material de protección para garantir a seguridade dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a Domicilio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.