A Xunta licita a renovación de luminarías da autovía AG-53 para mellorar ata nun 60% a súa eficiencia enerxética, cun investimento de máis de 120.000 euros

As empresas interesadas nesta actuación, que dispón dun prazo de execución de 2 meses, poderán presentar as súas ofertas ata as 14:00 horas do vindeiro día 24
Publicado por o día 11/02/2020 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta licita a renovación de luminarías da autovía AG-53 para mellorar ata nun 60% a súa eficiencia enerxética, cun investimento de máis de 120.000 euros

A Xunta licita a renovación de luminarias da autovía AG-53 para mellorar a súa eficiencia enerxética ata nun 60%, cun investimento autonómico de máis de 120.000 euros.

O anuncio, publicado na plataforma de Contratos Públicos de Galicia, sinala que as empresas interesadas nesta actuación poderán presentar as súas ofertas ata as 14:00 horas do vindeiro día 24. E o prazo de execución dos traballos é de 2 meses

O contrato inclúe a subministración e instalación de nova luminaria nos enlaces da autovía Dozón-Ourense coa AG-54, o intercambiador, e coa AG-52 e a estrada OU-402. E en ambos os dous enlaces substituiranse as actuais lámpadas de vapor de sodio polas de iluminación LED.

O obxectivo da Xunta co cambio destas iluminarias é obter máis durabilidade, eficiencia enerxética e contribuír ao medio ambiente ao reducir as emisións de CO2 da iluminación de autovía.

Esta intervención, vén a dar continuidade aos traballos de renovación de luminarias na AG-53 levados a cabo o ano pasado, estando previsto completar o vindeiro ano 2021 coa substitución da luminaria nos enlaces de Piñor e Cea.