A Xunta licita as obras de instalaci贸n de iluminaci贸n na estrada PO-308, entre Soutullo e Portonovo, por un investimento de case 614.000 euros

As empresas interesadas na execuci贸n deste contrato poder谩n presentar as s煤as ofertas ata o vindeiro 22 de abril
Publicado por o d铆a 25/03/2019 na sección de Galicia

A Xunta licita as obras de instalaci贸n de iluminaci贸n na estrada PO-308, entre Soutullo e Portonovo, por un investimento de case 614.000 euros

A Conseller铆a de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe na Plataforma de Contratos de Galicia a licitaci贸n das obras de instalaci贸n de iluminaci贸n na estrada PO-308, cun investimento de case 614.000 euros.

As empresas interesadas na execuci贸n deste contrato poder谩n presentar as s煤as ofertas ata o vindeiro 22 de abril.

Esta actuaci贸n levarase a cabo no treito desta v铆a auton贸mica comprendido entre o p.q.19+690 e o 25+200.

O proxecto contempla a instalaci贸n de farois e a conexi贸n do alumeado no treito da PO-308 comprendido entre Soutullo e Major, no tramo da senda finalizada no pasado ver谩n.

Tam茅n se realizar谩 a colocaci贸n completa de alumeado pola marxe esquerda da estrada no treito da PO-308 entre Portonovo e Major, que deber谩 de executarse de xeito coordinado co contrato para a construci贸n da senda peonil e ciclista.

As luminarias son de tipo led regulables e permitir谩n reducir a intensidade de luz a partir da hora da noite que programe o concello. Ademais, colocaranse farois para a iluminaci贸n diferenciada nos pasos de pe贸ns co fin de facilitar a s煤a visibilidade.