A Xunta mantén unha xuntanza co delegado territorial da ONCE en Galicia en relación á nova Lei de xogo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantivo unha xuntanza co delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan
Publicado por o día 14/06/2019 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta mantén unha xuntanza co delegado territorial da ONCE en Galicia en relación á nova Lei de xogo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantivo unha xuntanza co delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan.

Na reunión abordaron temas relacionados coa nova Lei de xogo, actualmente en trámite de exposición pública para alegacións, e onde a Xunta espera contar coa máxima participación e consenso posible.

Atópase en exposición pública ata o vindeiro día 17, na web de Transparencia da Xunta, para que todo aquel interesado poida presentar alegacións que serán estudiadas e resoltas, estimándose ou desestimándose, e introduciranse todos aqueles cambios que contribúan a mellorar e enriquecer o borrador do texto actual.