A Xunta mantense á espera do material que anunciara o Ministerio para a súa distribución nas comunidades autónomas

O Sergas distribúe hoxe 4.900 máscaras a residencias sociosanitarias
Publicado por o día 19/03/2020 na sección de Salud,Sanidad,Xunta de Galicia

A Xunta mantense á espera do material que anunciara o Ministerio para a súa distribución nas comunidades autónomas

A Xunta de Galicia mantense á espera de recibir o material de protección que anunciara o Ministerio para poder comezar a distribuílo con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, xa lle trasladou ao ministro a inquedanza pola falta deste material que é necesario para continuar facendo fronte á epidemia do coronavirus.

Desde a promulgación do RD 463/2020 polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria, é o Goberno central o encargado de centralizar os stocks de produtos sanitarios. Desde o Sergas, e tamén na Conferencia de presidentes autonómicos, tense reiterado a necesidade de contar co material necesario en todo os centros e trasladar, nese sentido, unha mensaxe de tranquilidade a todovos profesionais sanitarios.

O Sergas confía en que o Ministerio cumpra co establecido pero, ao mesmo tempo, non pode deixar de trasladar a súa inquedanza polo retraso.

Por outra banda, o Sergas, ademais do material habitual, enviou hoxe a toda as áreas sanitarias 4.900 máscaras e 170 botellas de solución hidroalcohólica que xa se empezaron a distribuír a residencias sociosanitarias públicas e privadas.

Así mesmo, o Sergas mercou hai dúas semanas 5.000.000 de máscaras que, a medida que vaian sendo subministradas polos provedores, seguirán distribuíndose a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias.

Comentar noticia

Your email address will not be published.