A xunta mobiliza máis de 140.500 Euros para o impulso á dixitalización e dinamización do comercio de proximidade do Baixo Miño 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que un total de 156 negocios da provincia, 75 asociacións de comerciantes e 4 federacións de empresarios e prazas de abastos beneficiaranse de dúas liñas de axudas a través das cales búscase impulsar a competitividade do sector e atraer clientela ao comercio de proximidade
Por o 26/09/2018 | Sección: Economía
A xunta mobiliza máis de 140.500 Euros para o impulso á dixitalización e dinamización do comercio de proximidade do Baixo Miño 
Compartir en:

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que a provincia de Pontevedra beneficiouse de dúas liñas de axudas por un total 1,7 millóns de euros destinadas a negocios, asociacións de praceiros e federación de comerciantes, co obxectivo de poñer en marcha iniciativas de dinamización do comercio de proximidade e mellorar a súa imaxe web.

Deste xeito, unha primeira liña céntrase na creación de páxinas web e mellora da imaxe en iña, loxística dixital ou packaging, ademais da reforma integral de locais. Dentro deste ámbito, beneficiáronse un total de 156 negocios da provincia, 7 deles na comarca do Baixo Miño.

Deste xeito, Cores Tourís recordou que “o obxectivo desta iniciativa é potenciar a presenza do comercio galego de proximidade nas redes sociais, impulsando a súa conexión co cliente e creando novas redes de fidelización e imaxe de marca, buscando adaptar o comercio de proximidade ás novas tendencias do mercado”, explicou o delegado territorial, quen destacou que se viron beneficiadas 3 empresas de Tomiño, 2 da Guarda e outras 2 de Tui. En total, a axuda que recibiron estas firmas acadou os 27.700 euros.

Por outra banda, a Xunta tamén apoia, con 1,06 millóns de euros, a dinamización dos centros comerciais abertos, prazas de abastos, federacións e asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra. Deste xeito, na comarca do Baixo Miño beneficiáronse a asociación de autónomos de comercio de Tomiño (Adeto), a asociación de comerciantes e Industriales de Tui, a CCA da Garda, a Asociación de comerciantes do Mercado de Tomiño e a Federación de asociacións de comerciantes industriais de Tui (Fesurga). En total, 112.800 euros.

A través destes apoios económicas, a Xunta colabora coas entidades e asociacións co obxectivo de impulsar a competitividade do sector, atraer e fidelizar a clientela do comercio d e proximidade e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. De feito, estas axudas permitirán realizar diferentes campañas de dinamización ou realizar melloras na sinalización comercial externa.

Estas axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición.

Comentar noticia

Your email address will not be published.