A Xunta négase a aclarar ascenderon os gastos extra derivados dos cambios de axenda de Feijóo na súa viaxe aos Estados Unidos

O responsable de Emigración admite no Parlamento de Galicia que houbo un incremento de gasto, pero se nega a aclarar quen os pagou
Publicado por o día 31/03/2019 na sección de En Marea,Política

A Xunta négase a aclarar ascenderon os gastos extra derivados dos cambios de axenda de Feijóo na súa viaxe aos Estados Unidos

Tras adiar a súa resposta na anterior Comisión 1ª do Parlamento de Galicia, a Xunta de Galicia por medio do seu Secretario Xeral para a Emigración do goberno de Feijóo, Antonio Rodríguez Miranda, segue negándose a contestar á pregunta acerca dos gastos extraordinarios derivados das modificacions na axenda do presidente da Xunta na súa viaxe aos Esados Unidos para asistir a unha manifestación en Madrid o pasado 9 de febreiro.

O voceira de En Marea, Luís Villares, preguntou á Xunta polo carácter irregular do retorno do presidente da Xunta a Galicia, adiantando un día o seu regreso para acudir a unha manifestación en Madrid de carácter político pero non institucional. O voceiro preguntou reiteradamente que gastos extras causou ese cambio aos fondos públicos da Xunta de Galicia. As preguntas de Villares responsable de Emigración recoñeceu que o adianto de Feijóo si tivo costes adicionais, pero negouse a facilitar datos ou documentos para cuantificar ese custo extra. No mesmo sentido, Miranda, sinalou que eses custos extras non foron para a Xunta de Galicia, pero en ningún caso explicou quen asumiu eses gastos nin a documentación que xustifique eses pagos.

Luís Villares apuntou que esta era a maneira en que o PP e a Xunta de Galicia entenden a transparencia dos fondos públicos e a limpeza imprescindible no seu manexo. “Reclamamos formalmente saber quen asumiu uns gastos que non se corresponden con ningún cometido propio do presidente da Xunta, e preguntamos para saber se eses gastos de viaxe foron pagados por todas as galegas”.

En Marea insistirá en pedir os datos deses gastos que, máis aló da importancia da súa contía, supoñen un xeito de entender a Xunta de Galicia e os fondos públicos como un recurso para financiar actividades do PP, do mesmo xeito que Feijóo abandonou os seus cometidos coa comunidade galega nos Estados Unidos para acudir a un chamado do seu partido, deixando claros cales son as súas prioridades.