A Xunta outorga 63.108 horas anuais máis de axuda no fogar para dependentes ao Concello de Pontevedra e tamén aumenta o servizo en Marín, Poio, Portas, Barro e Bueu

A Consellería de Política Social concede 76.116 horas de incremento dende este mesmo ano a estes seis municipios das bisbarras de Pontevedra, O Morrazo e Caldas

A Consellería de Política Social vén de aumentar o investimento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para a atención de persoas dependentes en toda a comunidade, a partires deste mesmo ano, en 10 millóns de euros. Ao abeiro desta medida, o Concello de Pontevedra vai recibir o segundo maior incremento de toda a provincia, cifrado en 63.108 horas anuais máis desta asistencia ata situala en 183.012.

A capital provincial vai ser unha das grandes beneficiarias da alza do orzamento do SAF para dependentes de toda Galicia no presente exercicio -que chegará ata os 83,6 millóns de euros-, xa que vai recibir o segundo maior ascenso, do 52,63%, e ademais segue manténdose como o municipio coa maior cantidade de horas asignadas, só por detrás de Vigo, en base á proporción poboacional e de persoas nestas circunstancias.

Ademais do Concello de Pontevedra, Política Social tamén vai conferir outros incrementos desta teleasistencia a outros cinco municipios das bisbarras de Pontevedra, O Morrazo e Caldas ata un total de 76.116 horas máis para esta zona. Así, Marín vai dispoñer, dende este mesmo ano, de 3.444 horas máis; Poio contará cunha suba de 3.276; Portas gañará 2.688 horas deste servizo; Bueu terá un aumento de 2.136; e Barro o incrementará en 1.464.

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, informou desta concesión aos alcaldes e concelleiros de Servizos Sociais dos seis concellos beneficiarios desta zona nunha reunión telemática celebrada na xornada de hoxe. Na mesma explicoulles que este incremento do SAF determinouse de oficio por parte dos servizos técnicos da consellería aplicando o criterio da lista de agarda de cada un dos municipios para poder atender a máis usuarios, especialmente na actual situación polos efectos sociais da crise sanitaria da covid-19.

En total, na provincia de Pontevedra vanse beneficiar desta medida un total de 32 concellos, que gozarán en conxunto dun incremento de 463.000 horas anuais de atención a dependentes ata chegar a case 2 millóns por exercicio, o que supón un ascenso do 30,5% nestes territorios.

 

 

Incremento do SAF de dependencia nas bisbarras de Pontevedra, Caldas e O Morrazo
Concello
Horas 2020
Incremento
% Incremento
Horas 2021
Pontevedra
119.904
63.108
52,6%
183.012
Marín
50.856
3.444
6,7%
54.300
Poio
38.448
3.276
8,5%
41.274
Bueu
32.352
2.136
6,6%
34.488
Portas
9.036
2.688
29,7%
11.724
Barro
21.768
1.464
6,7%
23.232

Tras a xuntanza, Luisa Piñeiro destacou a “absoluta implicación” da Xunta de Galicia coa atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, “con especial fincapé nas que sofren dependencia, que son as que se atopan máis desamparadas, sobre todo coa crise da covid-19, e que precisan que o Goberno galego estea ao seu lado, polo que ese é o noso compromiso e o que estamos a facer con este forte incremento da teleasistencia”.

Máis fondos para dependencia

Finalmente, revelou que unha das grandes reivindicacións do executivo autonómico co Goberno de España na cobertura económica da dependencia estase comezando a conseguir, xa que o Estado incrementará en 45 millóns a súa partida global para a dependencia en Galicia, alcanzando os 141 millóns de euros. “A cifra segue a ser insuficiente e incumpre a normativa, xa que fixa o 50% para cada administración e ata a data a Xunta poñía 304 millóns e o Estado os 96 restantes, o que nos impedía aumentar a dotación aos concellos. Pero en todo caso, é un avance despois de moito insistir e nos permitirá atender un pouco mellor as constantes demandas dos municipios, aos que ata agora non podíamos darlles máis horas porque o Estado só aportaba o 24% dos 400 millóns de euros que precisa cada ano toda a atención da dependencia en Galicia, na que o SAF xoga un papel importante pero non exclusivo”, concluiu a delegada territorial.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM