A Xunta participa na entrega de trofeos da modalidade de surf feminino do Abanca Galicia Classic Surf Pro

Publicado por o día 04/09/2019 na sección de Deportes,Xunta de Galicia

A Xunta participa na entrega de trofeos da modalidade de surf feminino do Abanca Galicia Classic Surf Pro

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participaron hoxe na entrega de trofeos da modalidade de surf feminino do Abanca Galicia Classic Surf Pro que se está a celebrar estes días na praia de Pantín co apoio da Xunta.

Trátase dunha das probas que se enmarcan nesta competición deportiva coa que colabora a Administración autonómica e que contribúe a impulsar Ferrolterra como un referente internacional no turismo de surf coa presenza de destacados surfistas profesionais de todo o mundo. O impacto do Abanca Galicia Classic Surf Pro –que rematará o vindeiro sábado– constátase no seu crecente número de visitantes, pasando do 65.000 da edición de 2017 aos 100.000 do ano pasado, así como ao seu seguimento a través de internet.

Comentar noticia

Your email address will not be published.