A Xunta participa na reunión da Comisión Técnica Permanente de Protección Civil que homologou plans de actuación municipal de varios concellos galegos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu esta mañá a xuntanza na que tamén se informou do plan local de continxencias de protección da ribeira do mar contra a contaminación do municipio da Coruña
Publicado por o día 03/09/2019 na sección de Sanidad,Xunta de Galicia

A Xunta participa na reunión da Comisión Técnica Permanente de Protección Civil que homologou plans de actuación municipal de varios concellos galegos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a xuntanza da Comisión Técnica Permanente de Protección Civil na que se homologou o Plan de emerxencia municipal do concello de Ferrol; os plans de actuación municipal fronte o risco de inundacións dos concellos de Monterrei e A Pontenova; os plans de actuación municipal contra incendios forestais dos concellos de Cospeito, Toques e Nigrán; así como os plans de actuación municipais ante o risco de rotura de presas en Pontevedra, Quiroga, Chantada, Sober, Pantón e Vilariño de Conso. Na reunión de hoxe tamén se homologou o plan local de continxencias de protección da ribeira do mar contra a contaminación do concello da Coruña.

O obxecto destes plans é preparar unha resposta municipal ante este tipo de emerxencias, de xeito que os respectivos concellos teñan un dispositivo permanente en función dos riscos detectados, unha estrutura de mando e uns procedementos de actuación e catalogación dos medios cos que conta o concello, co obxectivo de que as actuacións que se leven a cabo en caso de emerxencia non sexan froito da improvisación e que a solución que se dea sexa a máis adecuada á incidencia acontecida.
A Comisión Técnica Permanente de Protección Civil é un órgano de estudo e proposta dos temas que vaian a pasar a debate e aprobación pola Comisión Galega de Protección Civil, así como, a adopción de acordos en aquelas materias delegadas pola Comisión Galega de Protección Civil, entre outras, a homologación dos plans municipais.

Comentar noticia

Your email address will not be published.