A Xunta participa no proxecto europeo Activage de mellora da autonomía e independencia das persoas maiores

Publicado por o día 19/09/2018 na sección de Sanidad,Social,Xunta de Galicia

A Xunta participa no proxecto europeo Activage de mellora da autonomía e independencia das persoas maiores

Os conselleiros de Política Social, José Manuel Rey Varela, e Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, xunto coa directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira Álvarez participaron hoxe na segunda revisión anual do proxecto Activage, celebrada en Santiago, unha iniciativa europea que busca crear solucións tecnolóxicas que favorezan a independencia e a autonomía das persoas maiores.

As Consellerías de Sanidade e Política Social e a Axencia para a Modernización de Galicia (Amtega) colaboran con Televés e Cruz Roja na pilotaxe de novas prestacións de fogar dixital sociosantario no marco do proxecto europeo Activage, que busca crear solucións tecnolóxicas que favorezan a independencia e autonomía das persoas maiores a través dun seguimento constante das actividades que realizan dentro e fóra da casa. No marco deste proxecto en Galicia desenvolveranse e probaranse solucións de fogar dixital sociosanitario con 700 usuarios maiores de 60 anos que requiren unha monitorización continua, xa sexa temporal ou permanentemente. Deles, 100 presentarán necesidades puramente clínicas, 450 usuarios de prestacións sociais, e 150 con necesidades sociosanitarias.