A Xunta pide ao Goberno central que aclare se as restricións para saír se deciden por concellos ou por núcleos de poboación

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dirixiuse ao delegado do Goberno para saber se o criterio é o seguido ata o de agora en Galicia ou o doutras comunidades
Publicado por o día 02/05/2020 na sección de Coronavirus,Xunta de Galicia

A Xunta pide ao Goberno central que aclare se as restricións para saír se deciden por concellos ou por núcleos de poboación

A Xunta de Galicia pediu hoxe ao Goberno central que aclare que veciños teñen liberdade de horario para saír á rúa despois de que concellos galegos se teñan dirixido á Administración autonómica debido ás dúbidas existentes sobre as entidades de menos de 5.000 habitantes.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dirixiuse hoxe ao delegado do Goberno en Galicia para saber se o criterio a seguir é o determinado ata o de agora na comunidade ou se, polo contrario, rexe o establecido noutras autonomías. É dicir, se as restricións se deciden por concellos ou por núcleos de poboación.

Desde o día de onte, a Xunta de Galicia ten recibido consultas de concellos que teñen máis de 5.000 habitantes pero dispoñen de núcleos de poboación menores e queren saber se neses núcleos se pode aplicar a liberdade de horario para saír ou se están suxeitos a franxas horarias determinadas.

A Administración autonómica agarda que a Delegación aclare as dúbidas dos concellos e cidadáns, xa que o número de poboación afectada polas restricións horarias varía considerablemente nun caso ou noutro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.