A Xunta pon en valor o papel da Mediación para a mellora das relacións laborais e a consolidación do mercado de traballo

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe no I Encontro galego de actuantes do acordo interprofesional sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe por videoconferencia no I Encontro galego de actuantes do acordo interprofesional sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA) co que Galicia conmemora o Día Europeo da Mediación, que se celebra hoxe.

No evento, organizado polo Consello Galego de Relacións Laborais, Mancha puxo en valor o papel da mediación para a mellora das relacións laborais e a consolidación do mercado de traballo. Así mesmo, destacou a importancia do encontro co que se pretende resaltar o labor de todas as persoas que exercen a mediación e o arbitraxe ao amparo do AGA: organizacións sindicais e empresariais, empresas, órganos da xurisdición social, Inspección de Traballo e da Seguridade Social, universidades, colexios de graduados sociais e profesionais da avogacía.

Mancha indicou que as relacións laborais son un dos principais eixos das políticas de emprego do Goberno galego, xa que xogan un papel decisivo para o diálogo, o entendemento e a negociación, e para acadar a paz social. Así, apelou ao diálogo para consolidar unhas relacións laborais sólidas e axeitadas ao novo contexto económico e puxo en valor o traballo que desenvolve o Consello Galego de Relacións Laborais, que ten como máximo reto a mediación na solución de conflitos laborais.

Afirmou, así mesmo, que o obxectivo da Administración autonómica é buscar e apoiar medidas que melloren a situación laboral dos galegos e galegas apostando pola consolidación dunhas relacións laborais que garantan os intereses individuais e colectivos dos galegos co obxectivo de aumentar a estabilidade e calidade do emprego.

Sinalou, ademais, que o diálogo e a negociación colectiva son os mellores instrumentos para abordar a nova realidade do mercado de traballo que ten como retos o emprego do futuro da man da dixitalización, a igualdade efectiva entre homes e mulleres, a estabilidade laboral, a inclusión, a flexibilidade e a conciliación.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM