A Xunta pon en valor o papel das universidades na prevención e loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración da iniciativa “Bibliolab fronte á violencia de xénero”, impulsada pola Universidade de Vigo
Publicado por o día 26/09/2019 na sección de Galicia,Vigo

A Xunta pon en valor o papel das universidades na prevención e loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, puxo hoxe en valor a importancia do papel que poden desenvolver as universidades na prevención e loita contra a violencia de xénero, grazas á súa importancia no ámbito da socialización e da aprendizaxe das novas xeracións.

Así o destacou hoxe durante a súa participación na inauguración da iniciativa “Bibliolab fronte á violencia de xénero”, impulsada pola Universidade de Vigo. Trátase dun ciclo de faladoiros que busca abordar diversos aspectos da violencia de xénero a través de libros.

Esta actividade inscríbese no acordo asinado entre a Xunta e as tres universidades galegas no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. En virtude do convenio asinado, as universidades galegas reciben apoio económico da Xunta para levar a cabo medidas concretas na loita contra a violencia machista.