A Xunta porá a vindeira semana a disposición dos veciños unha senda peonil no lugar de Feira do Tres, na estrada Miño- Vilamateo (AC-160), entre os Concellos de Vilarmaior e Miño, para facilitar os seus desprazamentos.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisaron as obras, que xa están practicamente rematadas, restando só o revestimento final que se levará a cabo na próxima semana.
A actuación, cun investimento de máis de 45.000 euros, ten como obxectivo mellorar a seguridade nalgúns tramos da rede viaria dos concellos de Vilarmaior e Miño que non dispoñen de beirarrúas.
Os traballos centráronse na execución dunha senda peonil na marxe esquerda da estrada AC-160, no espazo ocupado pola cuneta actual. A obra iníciase no Pq. 5, onde finaliza a travesía de Feira do Tres, en Vilarmaior, e finaliza no 7, na parroquia de Callobre, en Miño.
A Xunta está a apostar por este tipo de proxectos con beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; para as vilas, supoñendo menor conxestión de vehículos en tramos saturados e novos espazos de tránsito; e para o medio, ao reducir a emisión de gases contaminantes.
O Goberno galego continúa traballando para mellorar a rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos usuarios unhas estradas cómodas e seguras que redunden no incremento da súa calidade de vida e no desenvolvemento económico e social dos concellos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.