A Xunta presenta o libro “Feminismos. A historia cóntana as vencedoras” que fai un percorrido pola historia do feminismo desde a prehistoria

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta mañá na presentación do libro que contou coa presenza do director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; da autora do libro, Anna R. Figueirido, e da directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo
Por o 04/03/2019 | Sección: Cultura
A Xunta presenta o libro “Feminismos. A historia cóntana as vencedoras” que fai un percorrido pola historia do feminismo desde a prehistoria

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta mañá na presentación do libro “Feminismos. A historia cóntana as vencedoras”, que contou coa presenza do director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; da autora do libro, Anna R. Figueirido, e da directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, e que fai un percorrido da situación das mulleres dende a prehistoria ata o día de hoxe.

A titular de Igualdade indicou que o libro é un viaxe pola historia da humanidade que da a entender a historia do feminismo, como movemento onde as mulleres buscan ter os mesmos dereitos que os homes, que establece o dereito das mulleres a ser donas da súa propia vida, sen que esa vida sexa un reflexo ou tome como modelo a vida dun home.

Susana López Abella explicou na presentación que este é un libro para entender dun xeito ameno e cercano a loita das mulleres por conseguir un mundo onde a igualdade sexa a norma e non a excepción. Unha historia do feminismo que nos explica que un universo en igualdade é unha realidade boa para todas e para todos. A autora detense, tamén, no feminismo galego, vangarda, en moitos sentidos, da loita polo empoderamento da muller no resto de España. Ademais, o libro visibiliza e pon en valor a todas aquelas mulleres que foron invisibilizadas ao longo da historia ou que non se lles concedeu a importancia merecida polos seus logros.

Esta iniciativa corresponde ao desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, concretamente á medida 10: Introducir nos libros de Historia a orixe, desenvolvemento e logros do Movemento Feminista.

Comentar noticia

Your email address will not be published.