A Xunta reafirma o compromiso coa quenda de oficio como servizo fundamental para garantir o acceso á Xustiza de toda a cidadanía

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo esta mañá unha reunión cos decanos dos Colexios de Avogados
Publicado por o día 17/12/2018 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta reafirma o compromiso coa quenda de oficio como servizo fundamental para garantir o acceso á Xustiza de toda a cidadanía

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo esta mañá unha reunión cos decanos dos Colexios de Avogados, onde indicou que o Goberno galego reafirma o seu compromiso coa quenda de oficio como servizo fundamental para garantir a igualdade de acceso á Xustiza de toda a cidadanía.

A Xunta e o Consello da Avogacía Galega asinaron un novo acordo o pasado ano que incrementou as compensacións económicas destinadas aos colexios de avogados e procuradores polas actuacións dos seus colexiados no ámbito da asistencia xurídica gratuíta, situando á nosa comunidade á cabeza de España no referente ás remuneracións dos letrados da quenda de oficio.

Na reunión tamén se tratou sobre a execución do plan de recuperación do traballo, no que a Xunta está a pagar horas extraordinarias aos funcionarios xudiciais que voluntariamente opten por traballar polas tardes, así como os diversos proxectos de colaboración entre a Vicepresidencia e o Consello da Avogacía en materia de formación de avogados e avogadas en materia de violencia de xénero, así como a colaboración dos colexios cos servizos de asistencia ás vítimas do delito.