A Xunta realiza con éxito un simulacro de activación do Plan de emerxencia exterior da empresa CLH en Vigo

Na actuación simulouse un incendio na zona de carga de cisternas por rotura parcial da tubaxe de impulsión de bombas
Publicado por o día 19/06/2019 na sección de Galicia,Vigo

A Xunta realiza con éxito un simulacro de activación do Plan de emerxencia exterior da empresa CLH en Vigo

A Xunta de Galicia, en colaboración coa empresa CLH en Vigo e o Concello de Vigo, realizou a mañá de onte un simulacro nas instalacións que ten a empresa en Bembrive. Esta acción enmárcase no proceso de implantación do Plan e que servirá para poñelo a proba e proceder á actualización e revisión do mesmo, mellorando aqueles aspectos que se detecten poden mellorar a operatividade.

Máis aló de unha maior presenza de medios de Emerxencias na zona e os controis establecidos nas inmediacións da empresa, non se viu afectado o normal desenvolvemento das actividades do entorno.

A Xunta quere destacar a importación da aposta pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias.