A Xunta realizara un cribado a 2.000 estudantes e traballadores do CIFP Manuel Antonio

Durante o próximo xoves un equipo de profesionais de enfermaría achegaranse ao centro de ensinanza para realizar as probas PCR a todo o persoal e alumnado que acepte participar
Publicado por o día 07/12/2020 na sección de Coronavirus,Educación,Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

A Xunta realizara un cribado a 2.000 estudantes e traballadores do CIFP Manuel Antonio

A Xunta de Galicia realizará un cribado a 2.000 persoas, entre traballadores e estudantes, do CIFP Manuel Antonio de Vigo, para detectar posibles casos positivos de Covid-19 que non presentan síntomas clínicos, e controlar así a circulación do virus.

O próximo xoves dia 10, un equipo de 10 profesionais de enfermaría vaise desprazar a ese centro de ensinanza para realizar a proba PCR aos que de xeito voluntario acepten participar nesta estratexia.

A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández Tapias, mantivo hoxe unha xuntanza co xefe territorial a Consellería de Educación, César Pérez Ares, e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, para coordinar e ultimar os detalles desta acción.

Trátase de continuar desenvolvendo iniciativas que permitan incrementar a capacidade diagnóstica da área para facer fronte a pandemia da Covid-19. En vez de esperar a aparición de pacientes con síntomas, efectúase unha acción proactiva de busca e identificación dos asintomáticos, para controlar o antes posible os brotes da enfermidade.

O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten clínica, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública; ao ter un bo estado de saúde, continúan desenvolvendo a súa vida habitual e, polo tanto, poden ser potenciais contaxiadores e estar contribuíndo á expansión do virus.

Cribado a 5.500 persoas da zoa centro de Vigo

Neste contexto, tamén continúase realizando o cribado á poboación xeral asintomática. Así estase convocando á realizar o test diagnóstico a outras 5.500 persoas da zoa centro de Vigo que teñen o seu centro de saúde en Rosalía de Castro; R/Cuba; Casco Vello; A Doblada e Pintor Colmeiro.

Hai que recordar que desde a Área Sanitaria de Vigo ofértase participar neste cribado a aquela poboación de referencia dos centros de saúde da cidade que cumpran determinados requisitos: estar no rango de idade entre 18 e 60 anos; non ter realizada unha proba PCR nas últimas 2 semanas; e dispor dun teléfono móbil rexistrado no sistema de avisos“Lembra” que autoriza ás autoridades sanitarias a enviar notificacións a través de mensaxes SMS.

As persoas seleccionadas son contactadas polo Servizo Galego de Saúde e invitadas a realizarse a proba diagnóstica PCR. A súa participación é completamente voluntaria. Se deciden aceptar, se lles facilita unha cita -con dia e hora- para achegarse ao dispositivo sanitario no que se lle tomará unha mostra nasofarínxea para o seu procesamento. Neste caso vanse realizar no Covid Auto do Hospital do Meixoeiro.

Hai que recordar que nunha primeira fase xa realizouse o cribado a case 3.000 persoas de referencia dos centros de saúde de Sárdoma e Lavadores que aceptaron participar neste proxecto. Neste senso, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernandez Tapias, manifestou a súa satisfacción polo índice de participación acadado, en torno ao 70%, “o que amosa, unha vez máis,a boa resposta e solidariedade doa poboación viguesa que está colaborando dun xeito moi comprometido con esta medida, que pode resultar de gran impacto na loita contra o virus” .

Comentar noticia

Your email address will not be published.