A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de reiniciar hoxe os traballos de execución de catro pasos de peóns sobreelevados e un tramo de beirarrúa da estrada autonómica PO-315, ao seu paso polo núcleo do Concello de Bueu.
Esta intervención do departamento de infraestruturas, cuxas actuación iniciais realizáronse o pasado mes de xuño e que se interromperon no verán para evitar afeccións no tráfico, dispoñen dun orzamento de máis de 48.000 euros, e a previsión é que estea rematada na primeira quincena de outubro.
Na intervención se actuará na transformación dos 4 pasos de peóns existentes nesta estrada en pasos sobreelevados en Achadiza (punto quilométrico 1+810) e na entrada a Rúa Nova de Arriba( nos puntos quilométricos 3+180, 3+445 e 3+645).
Tamén no marco deste contrato executarase un tramo de beirarrúas na marxe esquerda da mesma PO-315 entre os puntos quilométricos 2+755 e 3+030, no que conectará coa beirarrúa de Rúa Nova de Arriba.
Doutra parte, o departamento de infraestruturas está tramitando neste momento as achegas presentadas ao proxecto de supresión dun treito de concentración de accidentes na estrada que comunica Marín con Rande, na PO-551, ao seu paso por Bueu. Unha vez rematado a análise das achegas presentadas, co fin de atender todas aquelas que sexan viables e, en función do resultado da información pública, de forma seguida licitarase o contrato destas obras.
O Goberno galego continúa a traballar na mellora da rede viaria autonómica co obxectivo prioritario de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.