A Xunta reforza a colaboración con Cruz Vermella na atención a persoas en situación de explotación sexual e vítimas de trata

A secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella mantivo unha xuntanza coa presidenta autonómica de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro
Por o 11/06/2018 | Sección: Social,Xunta de Galicia
A Xunta reforza a colaboración con Cruz Vermella na atención a persoas en situación de explotación sexual e vítimas de trata

A secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella mantivo unha xuntanza coa presidenta autonómica de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro, onde indicou que o Goberno galego reforzará a a colaboración coa entidade na atención a persoas en situación de explotación sexual e vítimas de trata.

Susana López Abella explicou que dende o ano 2010, a Xunta colabora con Cruz Vermella para levar a cabo este programa cunhas axudas que superan os 138.000 euros. O proxecto que vai levar a cabo a entidade este ano desenvolverase na oficina Provincial de Cruz Vermella en Lugo, e ten como obxectivo diminuír a vulnerabilidade das mulleres que se atopen en situación de prostitución e / ou trata con fins de explotación sexual.

O proxecto deste ano que conta cunha subvención de preto de 20.000 euros pretende facilitar un entorno de seguridade que permita ás mulleres en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual. Ademais, no marco do programa tamén se potencia os recursos os recursos persoais da muller para que poda afrontar situacións futuras de forma autónoma; se lle informa, asesora, orienta e apoia, ademais de darlle tamén información sobre os distintos recursos sociais, sanitarios, formativos, laborais, favorecendo a integración socio-laboral da muller.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.