A Xunta reforza o apoio social e laboral a mulleres vítimas de violencia de xénero e a afectadas por enfermidade oncolóxica

A secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, formalizou hoxe na Delegación da Xunta en Vigo dous convenios coa Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo e coa Asociación de [email protected] de cancro de mama e xinecolóxico (Adicam)
Publicado por o día 27/10/2020 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta reforza o apoio social e laboral a mulleres vítimas de violencia de xénero e a afectadas por enfermidade oncolóxica

A secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, formalizou hoxe en Vigo cadanseus convenios de colaboración coa Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo e a Asociación de [email protected] de cancro de mama e xinecolóxico (Adicam), co obxecto de reforzar o apoio social e a reinserción laboral das mulleres, especialmente das vítimas de violencia de xénero.

A Xunta brinda deste xeito cobertura a dúas entidades con grande implantación na cidade olívica e que traballan estreitamente con mulleres, con especial atención ás vítimas de violencia de xénero. A través dos convenios desenvolveranse accións de apoio social, informativas, de acompañamento e de apoio á inserción laboral.

Para poder acometelas, a Consellería de Emprego e Igualdade destinará, por unha banda, 20.000 euros á Asociación Rede de Mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo, unha entidade que axuda ás mulleres vítimas de violencia a romper cos malos tratos e promove a concienciación social fronte a esta lacra. Grazas a este apoio, a entidade traballará na concienciación, prevención e denuncia social da violencia de xénero, así como na reincorporación psico-social e laboral das vítimas.

Adicam, pola súa banda, desenvolverá actuacións dirixidas a mulleres afectadas por enfermidade oncolóxica, en especial vítimas de violencia de xénero, ás que prestará asesoramento social, psicolóxico e xurídico e coas que realizará tarefas de prospección laboral e adaptación laboral. Grazas o convenio, dotado con 15.000 euros, organizará tamén obradoiros de habilidades sociais e accións de acompañamento hospitalario necesarias neste casos. Esta entidade conta con máis de 1.500 socios e socias e exerce, entre outras, actividades de sensibilización en prol da igualdade de xénero, facendo fincapé nos colectivos máis vulnerables, como as mulleres diagnosticadas de cancro.