A Xunta remata a instalación de nova iluminación LED na glorieta elevada de Mollabao, no inicio da variante de Marín

A intervención consistiu na mellora do sistema de iluminación do enlace de conexión coa estrada PO-11 para reforzar a seguridade viaria na contorna
Publicado por o día 04/08/2020 na sección de Galicia,Marín,Xunta de Galicia

A Xunta remata a instalación de nova iluminación LED na glorieta elevada de Mollabao, no inicio da variante de Marín

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de renovación e instalación de nova iluminación led na glorieta elevada de Mollabao, no inicio da variante de Marín.
Esta actuación foi adxudicada á empresa Aopil, S.L. por un importe de máis de 43.000 euros.

Os traballos consistiron na mellora do sistema de iluminación do enlace de conexión entre a variante de Marín e a estrada PO-11, no seu punto quilométrico 0, de cara a reforzar a seguridade viaria no contorno desta glorieta elevada.

Levouse a cabo a rehabilitación e a posta a punto das tres torres existentes, renovándose os proxectores con tecnoloxía led. Isto permitirá unha rebaixa moi significativa da potencia e do consumo, mellorando o rendemento enerxético e incrementándose a visibilidade grazas ás melloras tecnolóxicas en eficiencia enerxética aplicadas.

Nesta actuación tamén se adecuou o cadro eléctrico existente e repúxose o cableado das torres de iluminación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.