A Xunta remata o cambio das 102 sinais das estradas autonómicas da provincia de Pontevedra que pasan a 90 Quilometros por hora

O delegado territorial da Xunta comprobou o cambio executado polos técnicos da Xefatura de Infraestruturas e Mobilidade das últimas marcas verticais na parroquia de Campañó, en Pontevedra
Publicado por o día 28/01/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

A Xunta remata o cambio das 102 sinais das estradas autonómicas da provincia de Pontevedra que pasan a 90 Quilometros por hora

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá o cambio das últimas sinais de 100 quilómetros por hora situadas nas estradas autonómicas de dobre vía sen mediana.

En concreto, o delegado territorial visitou a parroquia de Campañó en Pontevedra onde se cambiaron, ao longo da mañá estas sinalizacións que pasan de 100 a 90 quilómetros por hora entre a rotonda da PO-531 e a VG 4.8.

En total, na provincia de Pontevedra cambiáronse, seguindo o decreto da Dirección Xeral de Tráfico, 102 sinais, 79 na área norte e 23 na área sur, cun coste aproximado de 13.635 euros.

Deste xeito, a Xunta remata nesta provincia o cambio de sinalización de cara a entrada mañá en vigor desta nova redución da velocidade máxima en estradas convencionais. En Galicia, o cambio executouse sobre 448 sinais, cun custe global de 54.732 euros.

Este cambio normativo da DGT persegue a redución dos accidentes de gravidade, pero tamén modificará hábitos dos condutores e transportistas.

As estradas que necesitaron cambiar sinais/quilómetros na provincia de Pontevedra foron:
•CG-4.1 Corredor do Morrazo (3 unidades)
•VG-4.1 Vía do Salnés (6 unidades)
•VG-4.2 Vía de Cambados (5 unidades)
•CG-4.2 Goián-A Guarda (16 unidades)
•VG-4.3 Vía Cambados-Vilagarcía (12 unidades)
•VG-4.4 Variante de Marín (9 unidades)
•VG-4.5 Vía de acceso a Cangas (3 unidades)
•VG-4.6 Alto da Portela-Menduíña (3 unidades)
•VG-4.7 Variante de Vilagarcía (20 unidades)
•VG-4.8 Variante Poio (6 unidades)
•PO-530 Conexión coa vía rápida de Vilagarcía (4 unidades)
•PO-316 A Lanzada (8 unidades)
•PO-403 Salvaterra-Ponteareas (2 unidades)
•PO-510 Atios-Salvaterra (5 unidades)