A Xunta repartirá preto de 2,7 millóns de euros entre unha trintena de áreas de rehabilitación integral en 17 concellos

Estes fondos sumaranse aos 1,73 mill√≥ns destinados √°s ARI dos Cami√Īos de Santiago, das Illas Atl√°nticas e da Ribeira Sacra, xestionadas polo IGVS
Publicado por o d√≠a 04/08/2020 na sección de Galicia,Xunta de Galicia

A Xunta repartirá preto de 2,7 millóns de euros entre unha trintena de áreas de rehabilitación integral en 17 concellos

Un total de 17 concellos presentaron as s√ļas solicitudes para optar ao reparto de fondos destinados √°s √°reas de rehabilitaci√≥n integral (ARI) en virtude da resoluci√≥n publicada no DOG o pasado 30 de xu√Īo. Deste xeito, a Conseller√≠a de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinar√° 2.665.741,81 euros √°s actuaci√≥ns de rehabilitaci√≥n de vivendas e edificios de vivendas, urbanizaci√≥n e reurbanizaci√≥n nas 29 ARI para as que pediron financiamento.

A Xunta distribuir√° os fondos dispo√Īibles en funci√≥n das solicitudes presentadas polos municipios e tendo en conta o cumprimento dos obxectivos de convenios anteriores. Despois do reparto, asinaranse acordos espec√≠ficos con cada un dos concellos participantes.

Unha vez realizada a distribución de fondos e subscritos os correspondentes convenios, os concellos deberán proceder á convocatoria das axudas, ás que poderán optar os propietarios das vivendas a rehabilitar.

O importe das subvencións estatais non poderán exceder do 40% do custo subvencionable da actuación. Este límite poderá alcanzar ata o 75% cando os ingresos da unidade de convivencia residente sexan inferiores a tres veces o IPREM e tamén cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade ou cando se acredite que na unidade de convivencia promotora da actuación e residente na vivenda ou edificio, existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos. O importe máximo da axuda por vivenda será de:

-12.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación para actuacións de mellora da eficiencia enerxética e sustentación en vivendas, con redución da demanda enerxética.

-8.000 euros para actuacións de conservación, da mellora na seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.

-30.000 euros por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida.

-2.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e/ou por cada vivenda construída para actuacións de mellora da calidade e sostibilidade do medio urbano.

-4.000 euros anuais, por unidade de convivencia a realoxar, durante o tempo que duren as obras e ata un máximo de tres anos para as actuacións de realoxo temporal.

As axudas incrementaranse nun 25%, cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.

O importe das axudas autonómicas terán unha contía máxima de 4.000 euros por cada vivenda obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación, sen que a subvención poida exceder de o 10% do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou do edificio

Os concellos recibir√°n por cada vivenda rehabilitada ou constru√≠da 2.500 euros (1.500‚ā¨ da Xunta e 1.000‚ā¨ do Ministerio) para financiar o custo de xesti√≥n e dos equipos e oficinas de planeamento, de informaci√≥n, de xesti√≥n e de acompa√Īamento social.

No seguinte cadro detállanse as 29 áreas de rehabilitación integral para as que os 17 concellos solicitantes piden financiamento:

Comentar noticia

Your email address will not be published.