A Xunta retoma a convocatoria das axudas do pacto ambiental con Ence para o labor de colectivos de Pontevedra, Marín e Poio

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Mª Cruz Ferreira, destacou esta mañá a posta en marcha desta terceira edición que permite fortalecer o tecido asociativo do contorno da capital da provincia
Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Galicia,Marín,Pontevedra

A Xunta retoma a convocatoria das axudas do pacto ambiental con Ence para o labor de colectivos de Pontevedra, Marín e Poio

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Mª Cruz Ferreira, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e representantes da empresa Ence mantiveron hoxe unha reunión na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra co obxectivo de activar a terceira convocatoria do Plan Social para Pontevedra.

Mª Cruz Ferreira sinalou que estas axudas constitúen unha das partes máis destacadas do Pacto Ambiental e resaltou a súa importancia á hora de fortalecer o tecido asociativo da Pontevedra e o seu contorno, o que, á súa vez, beneficia á veciñanza no seu conxunto. En total, serán 3 millóns de euros destinados a diferentes áreas como a educación, a cultura, a innovación, o coidado do entorno, o deporte a loita contra a exclusión social ou o apoio as asociacións veciñais.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 1 ata o 31 de outubro e poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas ou xurídicas que presenten proxectos no entorno da biofábrica de Ence (Pontevedra, Marín e Poio). Excepcionalmente, poderán presentarse proxectos doutras zonas, sempre e cando estean relacionados con actividades forestais e de coidado do entorno.

Cada solicitante deberá seleccionar un área de actuación segundo as características do proxecto. Os orzamentos axudicados a cada unha das áreas na convocatoria de 2019 son os siguientes:

A directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático quixo, ademais, durante a reunión de hoxe, poñer en valor iniciativas como esta, que permiten xerar sinerxías que benefician ao conxunto e lamentou que outras institucións non amosen a mesma vontade de colaboración, destacando que en 2018 beneficiáronse do Plan Social un total de 296 proxectos.

Na 3ª edición do Plan Social, as solicitudes de axuda presentaranse na páxina web www.plansocialence.es, onde tamén poderanse consultar as bases desta convocatoria e tódala información das anteriores. Ademais, a empresa ten habilitada unha conta de correo plansocialpontevedra@ence.es onde pódese realizar calquera consulta relacionada co Plan.

Comentar noticia

Your email address will not be published.